A mellor forma de instalar Ainfovac en Ubuntu é engadindo o repositorio nas nosas fontes de software. Deste xeito o programa actualizarase automáticamente.

    Para levar a cabo isto debemos descargar este ficheiro, descomprimilo e executar dende a terminal o ficheiro ainfovac.sh.

     

    Pasos para a instalación:

    1º. Descargar ainfovac.tar.xz

     2º. Descomprimir o ficheiro (botón dereito encima do mesmo e descomprimir)

    3º. No mesmo cartafol, clic dereito nun espazo en branco e clicamos en Abrir Terminal.

    4º. Na terminal escribimos ./ainfovac.sh

    5º. Pediranos o contrasinal do noso usuario, introducímolo e clicamos en Enter.

    6º. Cando nos pida pulsar Enter farémolo.

    7º. Listo, programa en funcionamento.

     

    VÍDEO EXPLICATIVO COS PASOS A REALIZAR

     

    Para instalar o módulo para móbiles Android debemos dirixirnos ao Play Store e buscar o programa Ainfovac.

     

    Usar Ainfovac en Windows é posible a través de dúas vías:

    • Virtualizado a través de VirtualBox por exemplo
    • Pŕoximamente a traves de WSLg, sistema que permite a execución de programas Linux en Windows.

     

     

     

    Please publish modules in offcanvas position.