O Proxecto Ainfogra.com foi finalista nos premios Eganet 2009, na categoría Software Libre
Listado de Finalistas nos premios Eganet 2009.
Queremos agradecer, dende eiquí, a Eganet este recoñecemento ao noso traballo no eido das novas tecnoloxías aplicadas ao medio rural.
Este recoñecemento impúlsanos a traballar máis duro, se cabe, neste proxecto que consideramos de especial interese e de vital importancia para o medio.
Agradecer a todos os que directa e indirectamente traballaron e fixeron posible o desenvolvemento deste proxecto, e convidalos a seguir traballando na súa mellora e innovación coma unha oportunidade de futuro.
A todos, moitas grazas.